NIMBOS
Se
é que o poema é só un nimbo de lus
que
os ollos cegos póñenlles ás cousas
soñadas,
ou amadas nas teebras,
das
cousas que xa foron e se foron
pro
siguen sendo e non se van xa máis,
das
sombras que, xogando cos meus ollos,
na
miña vida en lume se enxeriron,
eu
deixo eiquí os nimbos, coma cinza
de
rosas que onte encheron de perfume
o
mundo, morto xove, dalgún soño.
PENÉLOPE
Un
paso adiante e outro atrás, Galiza,
e
a tea dos teus soños non se move.
A
espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran
os bois e chove.
Un
bruar de navíos moi lonxanos
che
estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro
ti envólveste en sabas de mil anos,
e
en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán
os camiños algún día
a
xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco
vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e
toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando
os prados como sono,
o
Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise
enterrando, suco a suco, o Outono.
¡
Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
0 comentarios:
Publicar un comentario